Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da notificación dos expedientes de sanción por infraccións na orde social 23/1996 e tres máis.

Notifícaselles ás empresas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral e seguridade, hixiene e saúde laboral); a súa contía e número cítanse de seguido:

EmpresaNIF Nº expte.Contía

Transportes VCR, S.LB-27115864 62/96 51.000 pts.

Pilotes Posada, S.A.A-36611903 66/96 50.000 pts.

Graciano Domínguez, S.L.33614919-M 67/96 251.000 pts.

Agromán-Ferrovial-Monsalva UTBG-80791155 69/96 251.000 pts.

Contra estas resolucións o interesado poderá interpor recurso ordinario, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma, terase que aboa-la multa imposta a través da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal, conta de sanción nº 311-152-106-9, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 22 de maio de 1987.

Lugo, 4 de febreiro de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

1061