Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/454-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Conservas Garavilla, S.A.

Enderezo social: Virxe das Mareas, 144, 36980 O Grove.

Denominación: central de coxeración en Virxe das Mareas, 144-Meloxo.

Situación: O Grove.

Descricións técnicas: tres grupos motoalternadores con potencia de xeración unitaria de 1.740 kVA, tres transformadores de 1.800 kVA cada un, e equipo de conexión, distribución, control e protección. Sistema de almacenamento de combustible de 120 m e de recuperación da calor.

Todas aquelas pesoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

97-1318