Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/210-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a continuacións se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Denominación: entrada liña a 66 kV Troncal (Redondela-Renfe) en Sub. Pazos.

Situación: Vigo-Redondela-Pazos de Borbén.

Descricións técnicas: liña a 66 kV, dobre circuíto, de 3.653 m de lonxitude, con conductor tipo LA-180, sobre apoios metálicos de celosía e 120 m de liña subterránea de entrada na subestación, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 435 da liña Troncal (Redondela-Renfe) situada no monte do Cano, sobre Redondela e Vigo, rematando na nova subestación de Pazos de Borbén, concellos de Vigo, Redondela e Pazos de Borbén.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa da instalación eléctrica, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1329