Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/45-1).

Visto o expediente para aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: modificación 1 proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. en praia do Testal. Noia.

Situación: Noia.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 1.076 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Taramancos e final en praia do Testal.

Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.025 m de lonxitude en seccións de 95 e 50 mm. Noia.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-1038