Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/199-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subtr. e C.T. tipo superficie en Ponte Coroño.

Situación: Escarabote (Boiro).

Características técnicas: modificado 1 ó proxecto de L.M.T. subterránea a 20 kV de 160 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x150 mm) Al, que parte da L.M.T. aérea a C.T. Escarabote e final no C.T. interior de 400 kVA que se vai construír en Ponte Coroño. Concello de Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1043