Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/273-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T., R.B.T. praia do río Sieira.

Situación: Porto do Son.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 295 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Porto do Son-Porto do Son e final no C.T. que se vai construír en praia río Sieira, tipo aéreo de 160 kVA a 20 kV- B, 2 e rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 543 m de lonxitude. Concello do Son.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1042