Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.676

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1997 pola que se convoca un curso de protocolo administrativo.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de protocolo administrativo, de acordo coas seguintes bases:

1. Obxectivos.

Instruí-lo persoal asistente, desde un punto de vista teórico e práctico, nas normas xerais sobre protocolo administrativo.

2. Destinatarios.

Funcionarios e persoal laboral de calquera das administracións públicas galegas, integrados nos grupos A, B, C e D ou nos grupos I, II, III e IV.

3. Solicitudes.

Os interesados que aspiren a participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial que figura ó final da convocatoria, cuberto en tódolos epígrafes, xuntando, en todo caso, resgardo do ingreso segundo o establecido na base 5ª. Na solicitude faranse consta-los seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo actualmente desempeñado, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria.

b) Conformidade da entidade na que presta servicios.

Cando o solicite máis dun interesado dunha mesma entidade ou organismo, deberá especificarse, en documento anexo expedido polo xefe do persoal, a orde de preferencia.

A solicitude de incorporación ó curso supón a aceptación expresa das presentes bases e das normas e procedementos polos que se rexe.

A falsidade ou ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

4. Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, r/ de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Dereitos de inscrición.

Os dereitos de inscrición fíxanse en 20.000 pesetas para o persoal funcionario ou laboral das administracións públicas galegas, sempre que a función primordial do interesado no seu posto de traballo consista en tarefas protocolarias. Este punto deberá acreditarse necesariamente mediante certificado expedido polo correspondente xefe de persoal e unirase á respectiva solicitude, xuntamente cos documentos recollidos no nº. 3 destas bases.

Nos restantes casos os dereitos de inscrición fíxanse en 25.000 pesetas.

O aboamento efectuarase mediante cheque nominativo ou transferencia á conta corrente da EGAP de Caixa Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida nº 2091-0388-3110000520.

De non resultar seleccionado, o importe ingresado reintegraráselle ó interesado nos 10 días seguintes á data de comezo do curso.

6. Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 19 de marzo de 1997.

7. Selección.

As solicitudes que reúnan os requisitos das bases 3 e 5 serán seleccionadas segundo os seguintes criterios, e por esta orde:

1.-Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o solicitante no desempeño do seu posto de traballo e a materia deste curso.

Esta circunstancia acreditarase mediante certificación do secretario xeral da consellería ou secretario da delegación provincial na que preste servicio o solicitante, e se fose persoal da Administración local galega este documento terá que expedilo o secretario xeral do respectivo concello ou deputación.

2.-Ter realizado un menor número de cursos relacionados cos contidos temáticos do que se convoca nos últimos cinco anos.

3.-Menor número de cursos realizados en escolas e institutos de Administración pública.

4.-A antigüidade, entendendo como tal a data de ingreso en calquera Administración.

A admisión ó curso comunicaráselles directamente ós interesados.

8. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

9. Duración.

20 horas lectivas.

10. Lugar e datas de impartición.

a) Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas.

b) Datas: Os días 7, 8, 9, 10, 11, 14 e 15 de abril de 1997.

11. Horario de clases.

Desde as 17 ata as 20 horas.

12. Certificado de aproveitamento.

A obtención do certificado de aproveitamento queda supeditada ó cumprimento destes dous requisitos:

1º. Resolución dos casos prácticos expostos polo profesorado durante o desenvolvemento do curso.

2º. Asistencia regular ás clases que se impartan, sen que en ningún caso o número de faltas por este motivo sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas.

13. Profesorado.

Estará formado por María Esther Regueiro Fernández e Nuria Picos Piñeiro, xefa e técnica superior, respectivamente, de protocolo da presidencia da Xunta de Galicia.

14. Contido.

Os temas que constitúen o programa deste curso son os seguintes:

Tema I: cerimonial e protocolo.

a) Evolución histórica.

-Orixe do protocolo oficial en España.

-Vixencia social e política.

b) Conceptos básicos para o estudio e exercicio do protocolo cerimonial.

Tema II: estructura xerárquica do Estado.

a) A Casa Real:

* R.D. 1368/1987, do 6 de novembro, sobre réxime de títulos, tratamentos e honores da Familia Real e dos rexentes.

-Da Coroa. O Rei. A Familia Real.

-Do Príncipe Herdeiro.

-Títulos e honores.

-Da Casa de Súa Maxestade El-Rei.

b) Niveis da Administración:

-Central: ordenación dos departamentos ministeriais.

-Autonómica: ordenación das comunidades autónomas. Especial referencia á Comunidade Autónoma galega.

-Local.

Tema III: ordenamento vixente do protocolo oficial.

-Análise do R.D. 2099/1983, do 4 de agosto, de ordenamento xeral de precedencias no Estado: a súa aplicación.

-Ordenamento protocolario dos actos para desenvolver nunha Comunidade Autónoma.

-Técnicas para a ordenación de autoridades: presidencias e precedencias.

-Técnicas para a organización de actos e cerimonias.

Tema IV: clasificación dos actos.

a) Actos públicos oficiais:

-De carácter xeral.

-De carácter especial.

b) Actos públicos non oficiais:

-Organizados por institucións ou por empresas.

-De carácter privado.

Tema V: tipos de actos.

-Fórmula de xuramento no acto de toma de posesión de altos cargos e funcionarios públicos.

-Recepcións.

-Visitas oficiais.

-Asinamento no Libro de Ouro.

-Actos inaugurais.

-Colocación da primeira pedra.

-Vodas nas casas dos concellos.

-Actos fúnebres.

-Asinamento dun convenio.

-Orde do acto.

Tema VI: ámbitos específicos do protocolo.

-Honores castrenses: R.D. 834/1984, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento de honores militares.

-As autoridades eclesiásticas nos actos oficiais.

-O protocolo na universidade.

-O protocolo internacional.

Tema VII: regulamento e uso da bandeira.

-Lei 39/1981, do 28 de outubro, de regulamento do uso da bandeira nacional e doutras bandeiras e insignias.

Tema VIII: regulamento e uso dos tratamentos.

Tema IX: a linguaxe administrativa.

-Comunicación escrita.

-Redacción de cartas.

-Tarxetas de visita.

-O saúdo.

Tema X: a arte de invitar.

-Modelos de invitacións.

-A importancia das confirmacións.

Tema XI: etiqueta.

-Fixación da etiqueta.

-Uso correcto da roupa de etiqueta.

Tema XII: organización de banquetes.

-Ambientación do local.

-O aperitivo.

-O menú.

-Diversos tipos de mesas.

-Presidencias: anglosaxona e francesa.

-Sistemas de ordenación: en aspas e do reloxo.

-Os discursos.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

1140