Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.674

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997 pola que se convocan 20 cursos básicos de protección civil.

Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade en colaboración coa Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente ten previsto realizar no ano 1997, conforme as funcións que ten encomendadas pola Orde do 22 de abril de 1994, pola que se regula a formación do persoal voluntario de protección civil, anúnciase a celebración de 20 cursos básicos de protección civil que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Dota-lo persoal voluntario de protección civil que asiste ós cursos dunha formación teórico-práctica que lle permita realizar satisfactoriamente as tarefas que teñen encomendadas.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nestes cursos deberán presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 14 de marzo de 1997, ás 14 horas.

3. As instancias serán enviadas polo presidente da agrupación correspondente á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou

ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido.

Os cursos básicos de protección civil están divididos en varios módulos, cada un dos cales abarca os seguintes contidos:

-Módulo I: a protección civil.

-Módulo II: os riscos e accidentes.

-Módulo III: comunicacións.

-Módulo IV: primeiros auxilios.

Duración e datas.

Os cursos celebraranse ó longo do ano 1997 e terán unha duración de 20 horas lectivas.

As datas destes serán en función das solicitudes feitas para cada curso.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 31 de marzo de 1997 no taboleiro de anuncios da Academia

Galega de Seguridade e no da Secretaría Xeral para Proteción Civil, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos (981) 56 34 00 ou ben (981) 54 60 00.

Lugar.

Determinarase en función das solicitudes recibidas.

Certificado de aproveitamento.

Ó remate dos cursos entregaráselle un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a estes, e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

97-1305