Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/5-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Enderezo social: rúa Casais, 20, 15000 Vimianzo.

Denominación: rede de baixa tensión de Irroa e Magro. Vimianzo.

Situación: municipio de Vimianzo.

Características técnicas: rede de baixa tensión dos centros de transformación de Irroa (expediente 51500) e Magro (expediente 50703) en conductor R.Z. de 287 e 573 m. Municipio de Vimianzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

970