Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede ó Concello de Vilalba a cualificación de entidade autorizada para a impartición de cursos teórico-prácticos para a formación de instaladores de gas na categoría IG-II.

Vista a solicitude presentada polo Concello de Vilalba e a documentación que se xunta, na que se solicita que lle sexa concedida a cualificación de entidade autorizada para a impartición de cursos teórico-prácticos para a formación de instaladores de gas na categoría IG-II.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985, do Ministerio de Industria e Enerxía, pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gases combustibles e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras, na que se establecen as diferentes probas e requisitos para a obtención dos distintos tipos de carnés, así como as condicións que deberán cumpri-las entidades autorizadas para a formación de instaladores.

Considerando que a entidade solicitante cumpre cos requisitos regulamentariamente establecidos, esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Outorgarlle ó Concello de Vilalba a cualificación de entidade autorizada para a impartición de cursos teórico-prácticos para a formación de instaladores de gas na categoría IG-II, e proceder á súa inscrición no rexistro correspondente da Dirección Xeral de Industria.

Para o inicio do curso, deberán presentar perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo, fotocopia desta resolución, programación, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Así mesmo e para efectos estatísticos e de control, deberanse presentar na Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo e na Dirección Xeral de Industria unha memoria anual de actuacións na que figurarán os datos relacionados no punto 12.4 da devandita Orde do 17 de decembro de 1985.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar perante esta Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

939