Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de depósito de seguridade de residuos industriais de Inespal Metal, S.A. (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación

do impacto ambiental para Galicia, faise público o acordo da Comisión Galega do Medio Ambiente de 7 de novembro de 1996, polo que se fomula a declaración de impacto ambiental do proxecto de depósito de seguridade de residuos industriais, promovido por Inespal Metal, S.A., sito nos Baños de Arteixo, termo municipal da Coruña, provincia da Coruña, que se transcribe como anexo a esta resolución.

A Coruña, 22 de xaneiro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Declaración de impacto ambiental

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, establece a obriga de formular declaración de impacto ambiental, con carácter previo á resolución administrativa que se adopte para a realización ou, se é o caso, a autorización da obra, instalación ou actividade das abranguidas no anexo da devandita disposición.

O referido proxecto foi sometido ó trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 247, en data 21 de decembro de 1992 (corrección de erros en data 20 de xaneiro de 1993).

A Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente recibiu, en data 3 de marzo de 1995 as resultas do período de información pública ó que foi sometido o proxecto.

Consúltase, así mesmo, ós seguintes organismos:

-Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

-Asemblea de grupos ecoloxistas de Galicia.

-Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo.

-Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial.

-Concello de Arteixo.

-Dirección Xeral do Servicio Galego de Saúde.

No anexo II inclúense os resultados das anteditas solicitudes de informe.

Da análise do expediente de información pública do estudio de impacto ambiental, despréndese que non se realizaron alegacións. En data 20 de marzo de 1995 solicitouse información adicional a Inespal, que foi recibida en data 1 de marzo de 1996.

Cumprida a tramitación, a Comisión Galega do Medio Ambiente, no exercicio das competencias que lle concede a Decreto 442/90, formula para os sos efectos ambientais a declaración de impacto ambiental, do proxecto de depósito de seguridad de residuos industriales, promovido por Inespal Metal, S.A., nos Baños de Arteixo, termo municipal da Coruña.

O órgano substantivo para este proxecto é a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e o órgano ambiental a Comisión Galega do Medio Ambiente.

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación presentada, a Comisión Galega do Medio Ambiente establece pola presente declaración de impacto ambiental as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de forma que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

A presente declaración refírese, en exclusiva, á obra definida no proxecto de referencia. Para outros proxectos precisaríase unha nova declaración.

Medidas correctoras

1.Protección dos solos: o vertido dos residuos no vertedoiro obxecto desta declaración deberá aterse ó disposto na Lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos, e ó Real decreto 833/1988, de 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento para a execucuón da antedita lei. En especial deberán observarse as seguintes condicións:

1.1. Os diferentes residuos tóxicos e perigosos producidos por Inespal non poderán ser mesturados, senón que deberán depositarse en celas individuais diferentes. Tampouco poderán mesturarse con residuos urbanos, nin industriais (entullos e inertes). A utilización deste vertedoiro limítase ós seguintes residuos:

* Lodos de planta de tratamento cunha producción anual de 1446 tm.

* Restos catódicos refractarios cunha producción anual de 3209 tm.

A capacidade actual do vaso de vertido é de 128.304 m, o que supón unha vida media do depósito de 20 anos.

Os residuos que se verterán no depósito deberán cumpri-las condicións de eluato definidas no anexo III da presente declaración. Os residuos que non cumpran estas condicións deberán ser previamente tratados á súa deposición no vertedoiro.

1.2. Disporase dunha rede ou canle perimetral de dimensións e características axeitadas, para a recollida das augas de escorrentía e pluviais, que abarcará todo o ámbito da instalación. Estas augas canalizaranse a unha balsa de recollida de augas pluviais, someténdose finalmente a un tratamento primario, cando os resultados da analítica o esixan.

1.3. En relación á zona de vertedoiro que se atopa clausurada, terá a consideración de solo contaminado. Inespal, co fin de recuperar estes solos, e nun prazo de 3 meses a partir da comunicación desta resolución, presentará perante o órgano ambiental, e previamente á autorización administrativa da área

de tratamento de residuos industriais, un plan de actuacións en canto á recuperación dos terreos, sen que o devandito plan supoña transferencia dos contaminantes á auga, á atmosfera ou a outros terreos, fóra dos establecidos para o tratamento de residuos industriais.

Neste plan, tendo en conta a aplicación da mellor tecnoloxía ecolóxica, práctica e económicamente dispoñible, incluirase:

a) Localización exacta da zona que se vai recuperar.

b) Comprobación da existencia ou non de afeccións ó medio acuático.

c) Volume, composición e características principais dos residuos que se van tratar.

d) Sistema elixido de tratamento e recuperación de solos.

e) Sistema elixido de tratamento e recuperación das augas, se procede.

f) Xustificación técnica da solución aportada.

g) Xustificación de que as actuacións incluídas no plan cumpren a normativa legal aplicable.

i) Prazo de execución, que non deberá exceder de 6 meses desde a súa aprobación.

1.4. Durante o funcionamento do vertedoiro e xestión posterior ó seu peche, o promotor deberá seguir un plan de xestión, redactado de acordo co especificado no anexo III da disposición común (CE) nº 4/96, aprobada polo consello o 6 de outubro de 1995, con vistas a adopción da Directiva 96/C 59/01 do consello relativa ó vertido de residuos. Este plan de xestión deberá ser remitido ó órgano ambiental para a súa aprobación, previa á autorización administrativa do vertedoiro, tres meses antes do comezo da actividad do vertedoiro.

1.5. Previamente ó peche do vertedoiro, o promotor deberá notificar a súa intención ó órgano substantivo o que deberá realizar unha inspección del e, se procede, autoriza-lo peche. O promotor quedará obrigado ó mantemento, supervisión e control do vertedoiro por un período de dez anos, a partir da autorización administrativa do peche.

2. Protección das augas: co obxecto de garanti-la protección dos leitos de auga superficial e subterránea, o promotor deberá toma-las seguintes medidas:

2.1. A base e os lados do vertedoiro consistirán nunha capa mineral natural que cumpra os requisitos de permeabilidade e espesor e o seu efecto combinado en materia de protección do solo, das augas subterráneas e das augas superficiais sexa, polo menos equivalente ó derivado dos seguintes requisitos:

K < 1.0 x 10 m/ s; espesor > 5 m

Cando a barreira xeolóxica non cumpra de xeito natural as condicións mencionadas, poderá completarse de xeito artificial e reforzarse por outros medios

que proporcionen unha protección equivalente. O espesor da barreira xeolóxica artificial non deberá ser inferior a 0.5 metros.

Ademais das barreiras xeolóxicas anteriormente descritas, deberá engadirse un sistema de recollida de lixiviados que conte cunha capa de drenaxe >0.5m, e un sistema de impermeabilización superficial dotado de:

* Unha capa de revestimento artificial.

* Unha capa mineral impermeable.

* Unha capa de drenaxe de espesor > 0.5 m.

* Unha cobertura superior de terra de espesor > 1 m.

2.2. O promotor deberá presentar perante o órgano ambiental, e para a súa autorización, previamente á autorización administrativa do vertedoiro, un proxecto constructivo da balsa de decantación que inclúa, polo menos:

* Sistema de impermeabilización da balsa.

* Sistema de detección de posibles fugas na impermeabilización, incluíndo o procedemento de actuación en caso de detectarse a fuga.

* Sistema de cubrición e illamento da balsa de decantación para evita-la mestura con augas pluviais.

* Sistema de bombeo do contido da balsa cara á planta de tratamento de augas residuais da factoría de Inespal.

3. Programa de control e vixilancia ambiental: nun prazo non superior a tres meses desde a comunicación desta declaración de impacto ambiental, o promotor deberá presentar perante o órgano sustantivo, para a súa aprobación, un Plan de Control e Vixilancia Ambiental axeitado, no que se inclúa, como mínimo:

-Augas superficiais: plan de análises trimestral, en polo menos tres puntos de toma de mostra, distribuídos augas arriba e abaixo do vertedoiro.

-Augas subterráneas: plan de análises semestral, en a lo menos tres puntos de toma de mostra distribuídos augas arriba e abaixo do vertedoiro, de tal forma que se controle a zona de entrada e saída desas augas.

-Plan de control dos lixiviados: con periodicidade mensual o volume de lixiviados e con periodicidade trimestral a composición deles.

-Instalación dunha torre metorolóxica: cun mastro de 10 metros de altura, deberá rexistra-los seguintes parámetros:

* Precipitación.

* Temperatura.

* Evaporación.

* Humidade.

* Dirección e forza do vento.

-Plan de intervención: no caso de que superen os niveis legalmente establecidos, o promotor deberá dispor dun plan de intervención que permita minimiza-los efectos e as causas da contaminación.

En caso de que se detectase algún episodio contaminante nas augas, ben sexa debido ó vertedoiro ou á filtración da balsa de decantación, o promotor deberá notificar ó órgano substantivo, nun prazo máximo de 24 horas, a situación e as medidas tomadas para minimiza-los efectos e as causas da contaminación.

4. Condicións adicionáis.

4.1. As condicións indicadas nesta declaración de impacto ambiental son de obrigado cumprimento para o promotor. Non embargantes, o promotor, poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta declaración co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentaran graves deficiencias para a súa implantación ou implicaran modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarallo á Comisión Galega do Medio Ambiente, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse tres meses despois, de serlle enviada a presente declaración polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental as avaliará, comunicando o acordo adoptado ó promotor.

4.2. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou a solicitude da Comisión Galega do Medio Ambiente, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e se corrixan estas.

4.3. O presente acordo, adoptado por esta comisión, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade.

4.4. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1996. O secretario xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente. Asdo. José Luis Aboal García-Tuñón. Visto e prace. O presidente da Comisión Galega de Medio Ambiente. Asdo. Dositeo Rodríguez Rodríguez.

ANEXO I

Descrición do proxecto

O proxecto ten por obxecto a adecuación dunha zona de vertido dos residuos producidos pola empresa Inespal Metal, S.A., nos Baños de Arteixo, termo municipal da Coruña.

Os residuos transportaranse unha vez ó ano, en verán, cara ó vertedoiro e unha vez depositados cúbrense con arxilas e terra vexetal. O vertedoiro ten unha canle perimetral de captación de augas pluviais, para evita-la mestura das augas de escorrentía superficial cos lixiviados do vertedoiro, fochas laterais nas pistas de acceso e canles de separación de augas pluviais no nodo superior do vertedoiro.

Para a captación dos lixiviados producidos pola compactación dos residuos no vertedoiro mellorarase o deseño da actual balsa de decantación.

Os residuos enviados ó vertedoiro consisten en:

* Refractarios de cubas de electrolise: constituídos por unha mestura de ladrillos refractarios e illantes con restos carbonosos e de baño electrolítico, que non poideron separarse na demolición da cuba electrolítica. A súa problemática reside no seu contido en fluoruros alcalinos. Estímase unha producción media anual de 3209 tm.

* Lodos de planta de efluentes: prodúcense como consecuencia do proceso de neutralización, da auga dos lavadores de gases, das cubas de electrolise. Os gases xerados polas cubas conteñen fluor e fluoruros. O tratamento destes gases faise tanto pola vía húmida (con adición de Ca(OH)), como por vía seca, mediante a utilización de ciclóns. Os pos obtidos pola vía seca mestúranse na planta de tratamento coas augas a tratar, incorporándose así os lodos propios da planta.

ANEXO II

Resumo dos informes de organismos consultados

Durante o período de información pública consultáronse os seguintes organismos:

* Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

* Asemblea de grupos ecoloxistas de Galicia.

* Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo.

* Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial.

* Concello de Arteixo.

O Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial conclúe no seu informe que se adoptarán tódalas medidas correctoras incluídas no Estudio de Impacto Ambiental.

A Dirección Xeral de Saúde Pública conclúe no seu informe que o proxecto se trata en realidade dun vertedoiro de residuos tóxicos e perigosos. O transporte dos residuos debería facerse dúas ou tres veces ó ano. As especies arbóreas plantadas como barreiras visuais na área de tratamento deberán ser autóctonas.

A Dirección Xeral de Industria indica que a xestión do vertedoiro deberá realizarse de acordo coa pro

posta modificada de Directiva do Consello das Comunidades Europeas, relativa ó vertido de residuos (93/C212/02) publicada no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do 5 de agosto de 1993.

O resto dos organismos non emitiron informe.

ANEXO III

Condicións de eluato que deberán cumpri-los residuos depositados no vertedoiro

ANEXO III

Condiciones de eluato que deberán cumplir los residuos depositados en el vertedero

PARAMETROVALOR

pH 4-13 mg/l

arsénico0.2-1.0 mg/l

chumbo0.4-2.0 mg/l

cadmio0.1-0.5 mg/l

cromo0.1-0.5 mg/l

cobre2-10 mg/l

níquel0.4-2.0 mg/l

mercurio0.02-0.1 mg/l

zinc 2-10 mg/l

fluoruro10-50 mg/l

amonio0.2-1.0 mg/l

cloruro1.2-6.0 mg/l

cianuro0.2-1.0 mg/l

sulfato0.2-1.0 mg/l

nitrito6-30 mg/l

substancias lipófilas0.4-2.0 mg/l

964