Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o outorgamento do permiso de investigación Meixomín, número 2715.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, con data 14 de novembro de 1996, se outorgou o permiso de investigación Meixomín número 2715, de 28 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Lalín.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

792