Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 447/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a informa

ción pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. Espadenal-Cuntis IV, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Electra Cuntiense

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Clavos-Campo rematando no C.T. que se proxecta en Espadenal-Cuntis IV, concello de Cuntis.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 480 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. con dous transformadores de 160 kVA e 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V. R.B.T., de 957 m de lonxitude, con conductor tipo Al 1x150.

Orzamento: 29.816.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

977