Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 431/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. en estación bombeo augas residuais en praia de Saiáns-Vigo, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Concello de Vigo.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio da L.M.T. propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., ata o C.T. que se proxecta en praia de Saiáns, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: subministra-la enerxía a estación bombeo augas residuais.

Características principais: L.M.T., soterrada, de 450 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 12/20 kV-398/220 V.

Orzamento: 3.146.580 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 16 de decembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

967