Visto o escrito presentado pola empresa Parquets Hernández, S.A., con domicilio para efectos de notificacións nas Táboas, 14, Oza dos Ríos, A Coruña, e tendo en conta os seguintes feitos.
Primeiro.-O día 2 de xullo de 1996, a referida empresa, dedicada a serradoiro e fabricación de parqués, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa factoría do concello de Oza dos Ríos (A Coruña). Xunta á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos alcanzables e de aforro de enerxía que se conseguirán coa posta en servicio das instalacións proxectadas e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 5.4º do cirado Real decreto 2366/1994.
As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:
-Un motor de combustión interna alternativo alimentado por gasóleo, de 1.200 kVV; un xerador síncrono trifásico de 1.000 kVA, tensión de xeración 0,4 kV con acometida a un centro de transformación existente r/t 20-15/0,4; instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias d aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando, sinalización e medida.
Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, de 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Coruña dictou Resolución do 12 de agosto de 1996, pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da isntalación de referencia, que se publicou no DOG do 26-8-1996 e no BOP da Coruña do 11-9-1996, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.
Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da dita delegación.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.
Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado Real decreto 2366/1994, siendo realizado o expediente con cumprimento da tramitación regulamentaria.
Terceiro.-Examinada a documentación que consta no expediente, queda de manifesto que debe accederse ó solicitado pola empresa Parquets Hernández, S.A. e, por conseguinte, proceder á autorización administrativa da planta e a recoñecerlle a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994.
Vistos os preceptos legais e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Primeiro.-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Parquets Hernández, S.A., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Oza dos Ríos (A Coruña).
Segundo.-Recoñecella planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto.
Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orden da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do Real decreto 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.
O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas
para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa publicación.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1996.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
785