Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador EN-48/1996 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, sobre conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordi

nario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.956 do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de paga-la contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: EN-48/1996.

Denunciado: Javier Navaza Sánchez.

Último enderezo coñecido: r/ Rodrigo de Viguri, 37-1º A, A Coruña.

Feito denunciado: estaciona-lo vehículo nas dunas próximas á lagoa de Bodeira, atopándose a dita zona sinalada, coa prohibición de circular con vehículo a motor, dentro dun espacio natural en réxime de protección xeral Complexo Intermareal Umia-O Grove, o día 15 de setembro de 1996, no lugar de Mexilloeira, concello do Grove.

Precepto infrinxido: Art. 38.2 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: Art. 39 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 15.000 ptas.

999