Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores C-80/1996 e C-168/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguin

te ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 28 de xaneiro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-80/1996.

Denunciado: Honorio Calvar Rouco.

Último domicilio coñecido: Portal Almacén, 1, Moaña.

Feito denunciado: a utilización de cans con fins cinexéticos en terreo cinexético común en día non autorizado, o día 10 de outubro de 1996, no concello de Moaña.

Precepto infrinxido: Art. 48.2.25 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 3.000 ptas.

Expediente: C-168/1996.

Denunciado: Clemente González Abal.

Último domicilio coñecido: Tarrío, 15, Caleiro-Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: cazar con escopeta dentro do couto privado de caza PO-10124, carecendo da debida autorización. Foi denunciado outras veces nesta temporada, o día 3 de novembro de 1996, no concello de Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: Art. 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: Art. 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 5.000 ptas.

998