Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-302/1996 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Que así mesmo designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, aportaren documentos ou aportaren as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 28 de xaneiro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-302/1996.

Denunciado: Fco. Ramón Iglesias Domínguez.

Último enderezo coñecido: Romariz, 30, Soutomaior.

Feito denunciado: construír caneiros de 20 m con fins de pesca, duns 40 cm de alto e 30 de largo, formados por cantos rodados, o día 22 de xuño de 1996, na marxe do río Verdugo, no concello de Soutomaior.

Precepto infrinxido: Art. 35.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: Art. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 500.001 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca 1 ano e 1 día.

Expediente: P-345/1996.

Denunciado: Manuel Serantes Barreiro.

Último enderezo coñecido: Leiro-Ribadumia.

Feito denunciado: pescar con artes prohibidas (redes tipo trasmallo de 30 m de longo por 2 de largo), estando inhabilitado. Foi sorprendido polos axentes colocando a dita rede, a uns 80 m augas abaixo na Ponte, negándose a mostrarlle-la súa documentación ós axentes, ós que ameazou sostendo unha navalla na súa man, o día 3 de agosto de 1996, no río Umia, concello de Ribadumia.

Precepto infrinxido: Art. 35.5º e 35.17º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: Art. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 600.000 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca 1 ano e 1 día.

Expediente: P-363/1996.

Denunciado: Marcial Casal Garrote.

Último enderezo coñecido: r/ Cacheno, 46, Bembrive-Vigo.

Feito denunciado: pescar nun tramo de río acoutado sen licencia e sen permiso de couto, o día 10 de agosto de 1996, no río Zamáns, no concello de Vigo.

Precepto infrinxido: Art. 34.1º e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 55.000 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

97-1000