Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/316-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T. Sárdoma-Cela II.

-Situación: Vigo.

-Descricións técnicas:

Tramo I- Sárdoma-Deriv. universidade-desde unha torre metálica s/n da L.M.T. D.C. saída Sub. Sárdoma ata un apoio existente de onde sae a L.M.T. derivación universidade, L.M.T. aérea núa, a 20 kV, de 5.302 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón.

Tramo II- Deriv. universidade-Marcosende e Zamáns-Cela II-desde un apoio de formigón existente Deriv. universidade ata un apoio existente da Deriv. a Marcosende e desde a Deriv. ó C.T. Zamáns ata unha torre metálica existente Deriv. Cela II, L.M.T., aérea núa, de 1.291 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. Concello de Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/66, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

890