Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/318-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cabral-Ponte II-Alza. Sárdoma-Cela II.

-Situación: Vigo.

-Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea a 20/15 KV, de 694 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, e 20 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 9 da L.M.T. ó C.T. Igrexa, rematando no paso aéreo subterráneo ó C.T. que se proxecta en alza, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo subterráneo, de 45 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 55 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/66, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

889