Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/222-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Narahío, S.A.

Enderezo social: Vista Alegre. Doso. Narón, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Sanguiñeira.

Situación: San Sadurniño-Moeche.

Características técnicas: rede de baixa tensión a 380/2200 V, que parte do C.T. Sanguiñeira, en conductor R.Z. 95, 50 e 2x25 mm Al, nunha lonxitude total de 2.820 m. Concellos de San Sadurniño e Moeche.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

886