Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.577

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 15 de xaneiro de 1997, de desenvolvemento dos decretos 92/1996, do 29 de febreiro, e o 404/1996, do 7 de novembro, sobre características básicas e comúns de uniformidade das policías locais de Galicia.

Os decretos 92/1996, do 29 de febreiro, e o 404/1996, do 7 de novembro, sobre características básicas e comúns de uniformidade das policías locais de Galicia, desenvolven os artigos 1, 4, 5.1ºb) e 17.1º da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais.

As disposicións derradeiras primeiras dos devanditos decretos facultan ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dicta-las disposicións necesarias para o seu desenvolvemento.

Co fin de clarexa-las descricións das características básicas e comúns de uniformidade das policías locais que se establecen nos devanditos decretos 92/1996 e 404/1996 e, en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-O deseño gráfico da uniformidade das policías locais, establecida nos decretos 92/1996, do 29 de febreiro, e no 404/1996, do 7 de novembro, é o que se indica no anexo a esta orde.

Disposición derradeira

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1997.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1237