Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.566

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 11 de febreiro de 1997 pola que se establece o procedemento para a execución e posta en servicio das instalacións eléctricas de baixa tensión.

A Lei 21/92, do 16 de xullo, de industria, recoñécelles ás comunidades autónomas con competencia lexislativa en industria, a capacidade para introducir requisitos adicionais sobre a mesma materia cando se trate de instalacións radicadas no seu territorio.

O Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado polo R.D. 2413/1973, do 20 de setembro, e as instruccións técnicas complementarias do citado regulamento, aprobadas pola Orde do 31 de outubro de 1973, constitúen as normas básicas de carácter xeral que definen o ámbito e as características das instalacións electrotécnicas de baixa tensión.

A disposición derradeira primeira do R.D. 2135/1980, do 26 de setembro, sobre liberalización en materia de instalación, ampliación e traslado de

industrias, dispón que as instalacións eléctricas e en xeral calquera instalación industrial en construccións urbanas ou rurais se rexerán polo establecido no artigo 2 da presente disposición, cos requisitos que estableza o Ministerio de Industria e Enerxía.

A experiencia adquirida na aplicación do citado regulamento pon de manifesto a necesidade de regula-los procedementos para a execución e posta en servicio das instalacións eléctricas de baixa tensión.

En consecuencia, de acordo coas competencias que en materia de industria outorga o Estatuto de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto regula-lo procedemento para a execución e/ou posta en servicio das instalacións eléctricas de baixa tensión na Comunidade Autónoma de Galicia.

Capítulo I

Autorización e posta en servicio das instalacións eléctricas de baixa tensión

Artigo 1º-Clasificación de instalacións.

1. As instalacións eléctricas de baixa tensión, atendendo ó grao de risco de accidente e de complexidade que poidan presentar e para os efectos de establece-la documentación necesaria e o procedemento que se teña que seguir para a súa execución e posta en servicio, clasifícanse en tres tipos:

1.1. Instalacións tipo A : instalacións complexas ou de alto risco que precisan documentación técnica (proxecto) para identificala e xustificar sen ambigüidades o cumprimento da regulamentación de seguridade vixente, así como certificación de dirección de obra ou de inspección técnica de obra, segundo o caso, que garanta a súa concordancia coa docuemtación técnica indicada e a adaptación á citada regulamentación. Comprende dous subtipos:

A1: instalacións que requiran presentación previa de proxecto e que precisan ser dirixidas e certificadas por técnico titulado competente (certificado de dirección de obra).

A2: instalacións que requiran presentación previa de proxecto e que precisan ser certificadas en canto a súa execución final polo técnico titulado competente (certificado de inspección técnica)

1.2. Instalacións tipo B: instalacións sinxelas que precisan para a súa identificación unha memoria técnica simplificada (carpeta) que por si soa permite constata-lo cumprimento da regulamentación de seguridade vixente nos aspectos esenciais ou básicos. Comprende dous subtipos:

B1: instalacións que requiren presentación de memoria técnica simplificada e certificado de inspección tecnica de obra, emitida polo técnico titulado competente.

B2: instalacións que precisan carpeta e poden ser dirixidas polo instalador autorizado.

1.3. Instalacións tipo C: instalacións sinxelas realizadas segundo normas repetitivas coñecidas, que quedan suficientemente identificadas polo boletín de instalación.

2. No anexo I desta orde inclúese unha relación das instalacións de baixa tensión máis frecuentes e o tipo en que quedan clasificadas.

3. Se unha instalación non se encontra de forma explícita no anexo I, ó instalador ou técnico titulado competente segundo corresponda, asignaráselle o tipo que agrupe instalacións similares a ela, para o cal atenderá ó grao de risco de accidente e á súa complexidade.

4. Se unha instalación presenta partes que correspondan a tipos distintos, asignáraselle á totalidade dela o tipo que implique unha maior esixencia na documentación.

Artigo 2º.-Procedemento para a execución e posta en servicio de instalacións de baixa tensión do tipo A.

Estructúrase en dúas fases:

2.1.-1ª Fase:

A) O titular ou quen o represente presentará na correspondente delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio (en adiante delegación provincial) a seguinte documentación:

-Un exemplar da carpeta de solicitude normalizada cos datos administrativos cubertos.

-Un exemplar do proxecto redactado por técnico titulado competente e visado polo colexio oficial correspondente.

-Para as instalacións do subtipo A1, xustificante de que foi encargada a dirección de obra da instalación a técnico competente.

B) A delegación provincial disporá dun prazo de 1 mes, contado desde a presentación do proxecto, para revisalo e para sinalar ou pedi-las aclaracións que considere necesarias. Se trascorre o dito prazo e a delegación provincial non realizase ningunha manifestación, entenderase que non hai invonveniente para a execución do proxecto, sen que iso supoña, en ningún caso, a aprobación técnica del.

No suposto de que a delegación provincial solicite algunha aclaración ou modificación, o prazo indicado interrómpese e procederase de conformidade co disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.2.-2ª Fase:

A) O titular ou representante, unha vez realizada a instalación, presentará por cuadruplicado exemplar, na delegación provincial, o certificado final de dirección de obra ou de inspección técnica, segundo a instalación corresponda ó subtipo A1 ou

A2 respectivamente, asinado polo técnico titulado competente e visado polo colexio oficial correspondente, que acredite que a instalación se encontra terminada, que se adapta ó proxecto presentado e se axusta ó disposto no Regulamento electrotécnico para baixa tensión e instruccións técnicas complementarias, así como ás normas particulares para instalacións de enlace da empresa subministradora.

O certificado da dirección de obra ou o de inspección técnica, segundo sexa o caso, conterá tódolos datos e características que definan as instalacións completamente.

B) Se procede, a delegación provincial conformará e selará o certificado de dirección de obra ou de inspección técnica, segundo sexa o caso.

C) O certificado de dirección de obra ou o de inspección técnica, así conformado, será o documento que hai que presentar perante a empresa subministradora para realiza-las probas regulamentarias, e contrata-la subministración.

Realizadas as probas regulamentarias, con resultado favorable, procederase a contrata-la subministración. En caso contrario, a empresa subministradora notificaralle esta circunstancia ó instalador e á Delegación Provincial de Industria e Comercio no prazo de sete días.

D) As instalacións eléctricas do tipo A deberán executarse e terminarse totalmente nun prazo máximo dun ano a partir da data de iniciación do expediente na delegación provincial. Se, transcorrido este prazo e as pórrogas que se puidesen conceder, o titular ou o seu representante non acreditou a terminación da instalación mediante a presentación do correspondente certificado de dirección de obra ou de inspección técnica, entenderase que non se levará a cabo a súa execución e a delegación provincial correspondente procederá ó arquivo do expediente sen máis trámite.

Artigo 3º.-Procedemento para a execución e posta en servicio de instalacións de baixa tensión do tipo B.

Unha vez realizada a instalación, as actuacións que hai que realizar para a súa posta en servicio son as seguintes:

A)O titular ou o seu representante presentará, por cuadruplicado exemplar, perante a delegación provincial a seguinte documentación:

-Para as instalacións do subtipo B1, a carpeta e o certificado de inspección técnica expedida por técnico titulado competente e visado polo colexio oficial correspondente.

-Para as instalacións tipo B2, a carpeta normalizada e o boletín de instalación, cubertas polo instalador autorizado.

A carpeta incluirá, de acordo co modelo do anexo II, a solicitude e unha memoria técnica simplificada da instalación.

B) Para as instalacións que a continuación se indican, a carpeta irá acompañada da seguinte documentación complementaria seguinte:

a) Garaxes privados, incluídos os de comunidade, con ventilación natural e de ata 10 prazas: plano a escala coa distribución das prazas do garaxe e coa situación e características da ventilación.

b) Iluminación pública fóra do núcleo urbano, sen báculos metálicos e ata 10 puntos de luz: esquema unifilar e planos de situación e de distribución en planta.

c) Maquinaria auxiliar de obra:

-Planos da rede de terras do edificio que se vai construír.

-Declaración do constructor afirmativa en caso de instalación de guindastre-torre e negativa no caso contrario. No caso afirmativo a empresa autorizada tamén asinará a declaración.

-Xustificante de inscrición no rexistro industrial do constructor e, se é o caso, copia do contrato coa empresa alugadora do guindastre-torre.

Nas instalacións de obra monofásicas dunha potencia instalada inferior ou igual a 5,5 Kw non será necesario xustifica-la inscrición no Rexistro Industrial.

d) Rótulos ou luminosos con lámpadas de descarga a tensión superior a 250 V con respecto a terra (neón e similares) situados en fachada e normalmente inaccesibles: planos a escala coa localización e forma do rótulo ou luminoso, certificado de instalación da empresa rotulista e certificado de inspección técnica asinado polo técnico competente y visado polo colexio oficial correspondente, acreditativo de que a instalación do rótulo se axusta á documentación presentada e ó Regulamento electrotécnico para baixa tensión e instruccións complementarias.

C) O persoal técnico da delegación provincial revisará a documentación presentada no prazo de 5 días hábiles e, se procede, conformará e selará os catro exemplares do certificado de inspección técnica ou o boletín de instalación, segundo corresponda.

O orixinal quedará en poder da delegación provincial e as copias devolveranse ó interesado.

D) O certificado ou o boletín así conformado será o documento que se ten que presentar perante a empresa subministradora para realiza-lo contrato da subministración.

A empresa subministradora procederá segundo o disposto no artigo dous, 2ª fase, apartado C, en canto ás probas regulamentarias.

E) No caso de instalacións de maquinaria auxiliar de obra nas que estea prevista a instalación de guindastre-torre, logo de revisión da documentación e no prazo sinalado anteriormente, a delegación provincial poderá autoriza-lo enganche provisional da obra por un prazo de 30 días.

A autorización definitiva quedará supeditada á contribución, dentro do dito prazo, da documentación necesaria para autoriza-lo guindastre-torre, a cal se presentará, en todo caso, antes da súa posta en funcionamento.

Artigo 4º.-Procedemento para a execución e posta en servicio de instalacións de baixa tensión do tipo C.

Unha vez executada a instalación, as actuacións que se teñen que realizar para a súa posta en servicio son as seguintes:

A) O titular ou o seu representante presentará o boletín de instalación por cuadriplicado exemplar, na delegación provincial.

B) A delegación provincial conformará e selará os catro exemplares o mesmo día da súa presentación.

C) O boletín así conformado será o documento que hai que presentar perante a empresa subministradora para contrata-la subministración.

D) A empresa subministradora procederá segundo o disposto no artigo 2, 2ª fase, apartado C, en canto ás probas regulamentarias.

Artigo 5º.-Inspeccións.

O persoal técnico da delegación provincial inspeccionará as instalacións seguindo os criterios establecidos no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e na instrucción técnica complementaria ITC MIE BT 042.

Se o resultado da inspección non fose favorable, a delegación provincial farallo saber así ó titular ou usuario da instalación, ó instalador autorizado que a realizou e ó técnico que a certificase, sinalando as modificacións que procedan, o prazo para a execución delas e se se suspende a subministración.

Capítulo II

Ampliacións, modificacións ou reformas de importancia

Artigo 6º.-Xeneralidades.

As modificacións de instalacións que alteren as súas características técnicas esenciais (ampliacións de potencia, cambios de tensión, ampliación ou reforma do local) clasificaranse nalgún dos tipos A, B, ou C en función do tipo de instalación existente, do local onde estea instalada e da tensión e potencia da parte da instalación modificada.

O procedemento que hai que seguir para a execución e posta en servicio será o que corresponde ó tipo de instalación en que quede clasificada de acordo coas súas novas características (anexo I) coma se se tratase dunha nova instalación.

Na documentación que hai que presentar na delegación provincial sinalarase se se trata dunha ampliación, dunha reforma ou dun cambio de tensión.

Se a actividade ou a instalación estivese inscrita anteriormente nun rexistro da delegación provincial, na solicitude mencionarase o número de rexistro e/ou de expediente que tiña asignado.

ArtigoO 7º.-Cambios de uso ou de actividade.

Cando se produzca un cambio de actividade nos locais ou un uso da enerxía distinto ó que estaban autorizados, que altere as condicións de seguridade da instalación existente, terase en conta a potencia total resultante e o tipo da nova actividade, se procede, para efectos da súa clasificación.

O procedemento que hai que seguir e a documentación necesaria para a execución e posta en servicio será o que corresponde ó tipo de instalación en que quede clasificada de acordo coas súas novas características (anexo I) como se se tratase dunha nova instalación.

Se a actividade ou a instalación estivera inscrita anteriormente no rexistro da delegación provincial, comunicarase a baixa desta, con indicación do número de rexistro e/o de expediente que tiña asignado anteriormente.

Artigo 8º.-Traslados.

O traslado de actividades fixas a un novo local considerarase en todo caso como unha nova instalación.

Se a actividad estivese inscrita anteriormente nun rexistro da delegación provincial, na solicitude mencionarase o número de rexistro e/o de expediente que tiña asignado.

Artigo 9º.-Cambios de titular.

1. Os cambios de titular que supoñan unha modificación de importancia (artigo 6), un cambio de actividade (artigo 7) ou un traslado (artigo 8), rexeranse polo indicado nos mencionados artigos.

2. Os cambios de titular non previstos no apartado anterior requiren a realización dos trámites siguintes:

a) Os titulares das instalacións do tipo A e as do tipo B que se encontren inscritas no Rexistro Industrial presentarán perante a delegación de industria:

-Solicitude de cambio de titular, indicando número de expediente e/ou rexistro ten a actividade ou instalación.

-Copia do documento que acredite o cambio de titular.

A notificación do cambio de titular, selada pola delegación de industria, será o documento que hai que presentar perante a empresa subministradora para realiza-lo contrato de subministración.

b) Os titulares das instalacións do tipo B non incluídas no punto anterior e instalacións tipo C, non precisarán realizar ningún trámite na Delegación

Provincial de Industria para contrata-la subministración coa Cía. subministradora.

Non obstante o anterior, as compañías subministradoras, cando o xulguen oportuno pola antigüidade da instalación, incidencias habidas nela e outras causas que así o aconsellen, poderán propoñerlle á Delegación Provincial de Industria correspondente a adecuación regulamentaria das instalacións antes de proceder á contratación da nova subministración.

c) Para a verificación da instalación e inspeccións, haberá que aterse ó disposto no artigo 5.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todo aquilo que non estea previsto nesta orde seguirase o disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e instruccións técnicas complementarias.

Segunda.-As actividades ou instalacións reguladas por unha normativa específica, ademais de polo Regulamento electrotécnico de baixa tensión (industrias, instalacións frigoríficas, máquinas de elevación e transporte, aparellos de raios X, etc.), deben presentar na delegación provincial, ademais da documentación que se sinala nesta orde, a que lles sexa esixida pola dita normativa complementaria.

Terceira.-As delegacións provinciais poderán expedir copia cotexada dos originais dos boletíns de instalacións eléctricas que constan no seu poder, no suposto de que ó usuario final non se lle facilite a copia que debe presentarlle á compañía subministradora para que esta proceda ó enganche.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Industria para adopta-las medidas necesarias para a aplicación da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor ós quince días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro do 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Clasificación de instalacións

Símbolos utilizados:

C: capacidade do local (segundo NBE-CPI)

P: Potencia de la instalación

InstalaciónsTipo

1. Edificios e bloques de vivendas

1.1. de máis de 12 plantas ou que teñan centralizacións en plantas inter (cpi), calquera potencia

A1

1.2. Resto edificios

-P> 100 kW

-50

-P<50 kW

A2

B1

C

2. Vivendas de:

-P>50 kW

-8,8

-P<8,8Kw

A2

B2

C

3. Edificios e bloques de oficinas cunha prevision total (usos comúns e instalacións de enlace ó locais), de:

-P>50kW

-P<50kW

A2

B2

4. Oficinas en xeral: bancos, seguros, xestorías, etc.

-P>50kW

-p<50kW

A2

B2

5. Locais de espectáculos:

-Estadios e pavillóns deportivos, hipódromos, canódromos, prazas de touros, parques de atraccións e ferias fixas, auditorios, centros sociais ou de cultura con salón ou salóns de actos de uso múltiple, cines, teatros, tablados, cafés-teatro, cafés-concerto, karaokes, salas de festa, salas de baile e discotecas con espectáculo, restaurantes con espectáculo e, en xeral, cualquier local destinado total ou parcialmente a espectáculos, calquera potencia

A1

6. Locais de reunión:

6.1. Salas de baile, discotecas, disco pubs, pubs, bares especiais e similares, todos eles sen espectáculos, calquera potencia de:

-C>100 personas

-C<100 personas

A1

A2

6.2. Casinos, bingos e salas de xogos, de:

-15

100 personas

-15>P o C<100 personas

A1

A2

6.3. Hoteis, hostais, residencias, albergues, cámpings e similares, de:

-Capacidade superior a 50 plazas

-Capacidade ata 50 plazas

A1

A2

6.4. Centros de ensino, academias e garderías de:

-P > 50 Kw ó C> 300 personas

-10

-de P<10 kW

A1

A2

B2

6.5. Edificios e galerías destinados a uso comercial e/ou de servicios, con máis dun usuario, cunha previsión total (usos comúns e instalacións de enlace ós locais) de:

-P>150kW

-50

-P<50kW

A1

A2

B2

6.6. Establecementos e locais comerciais, ou de servicios: hipermercados, supermercados, tendas, bares, cafeterías, mesóns, restaurantes, salóns de vodas, perruquerías, etc. de:

-P > 50 Kw ó C>300 personas

-15 < P 0<50 Kw y C<300 personas

-P<15kW

A1

A2

B2

InstalaciónsTipo

6.7. Otros locais de reunión:

Estacións de viaxeiros, aeroportos, bibliotecas, salas de conferencias, salas de exposicións, museos, centros sociais e de cultura sen salóns de actos de uso múltiple, igrexas, boleiras, frontóns; campos de tiro, ximnasios, etc.. de:

-P >50 ó C>300 persoas

-10 < P < 50 y C<300 persoas

-P<10KW

A1

A2

B2

7. Establecementos sanitarios:

7.1. Hospitais, clínicas, sanatorios, ambulatorios, centros de saúde, centros de urxencias, consultorios médicos e, en xeral, todo local destinado a fins análogos, exceptuando os indicados no punto seguinte, calquera potencia

A1

7.2. Consultorios médicos ou centros de saúde que non teñan: salas de urxencias, aparellos de raios X de P>1 kW ou outras instalacións especiais de:

-10

-P<10 Kw

A2

B2

8. Garaxes, calquera potencia:

8.1. De uso público, calquera número de prazasA1

8.2. De uso privado (incluídos os da comunidade) con ventilación mecánica, calquera número de prazasA2

8.3. De uso privado con ventilación natural e máis de 10 prazas

A2

8.4. De uso privado con ventilación natural e ata 10 plazas

B2(*)

9. Instalacións temporais:

9.1. Obras, de:

-P>100 kW

-50

-P0< 50kW

A2

B1(*)

B2

9.2. Ferias e verbenas en emprazamentos abertos. Espectáculos ó aire libre de:

-P>100kW

-50

-P0<50kW

A2

B1

B2

9.3. Postos e atraccións de feria, nos que o público se encontra ó exterior de:

-P>100kW

-50

-P0<50kW

A2

B1

B2

9.4. Circos. Carpas para exposicións, ferias, atraccións, bailes, etc, e, en xeral, calquera recinto cuberto, desmontable, con múltiples saídas de:

-P>50kW ó C >300

-10

-P<10

A2

B1

B2

10 . Piscinas:

-públicas de calquera capacidade

-privadas, incluídas as da comunidade, cunhas instalacións de:

P>10kW

P0<10kW

A1

A2

B2

11. Establecementos de baños, saunas públicas e iluminación de fontes públicas, de:

-P>10kW

-P<10kW

A2

B2

12. Iluminacións públicas:

12.1. Iluminacións públicas en xeral, exceptuando as recogidas no punto seguinte:

-P >20kW

-P<20kW

A1

A2

InstalaciónsTipo

12.2. Iluminacións públicas fóra do núcleo urbano, sen báculos metálicos e ata 10 puntos de luz.

-P>20kW

-P<20kW

B1

B2

13. Centrais telefónicas de:

-P>50kW

-15

-P<15kW

A1

A2

B2

14. Máquinas de elevación e transporte (!) de:A1

15. Instalacións a tensións especiaisA1

16. Aparellos de raios x (!) de:

-P>1kW

-P<1kW

A1

B2

17. Lámpadas de descarga a tensión superior a 250V con respecto a terra calquera potencia

17.1. En xeral, exceptuando o indicado no punto seguinte

A2

17.2. Rótulos luminosos (neón e similares), situados en fachada e normalmente inaccesibles

B1(*)

18. Quentadores de auga nos que esta forme parte do circuíto eléctrico ou que estean provistos de elementos de caldeo espidos somerxidos na auga.A2

19. Conductores de caldeo.A2

20. Cercas eléctricas e aparellos para a súa alimentaciónA2

21. Xeradores e convertedores, de:

-P>10kW

-P<10kW

A2

B2

22. Redes de distribución pública de propiedade particular ou colectiva e redes de distribución privada de:

-P>100kW

-P<100kW

A1

A2

23. Instalacións de liñas de baixa tensión con apoios comúns con liñas de alta tensión.

A2

24. Industrias, talleres e almacéns, sen risco especial de:

-P>200kW

-20kW

-P0<20kW

A1

A2

B2

25. Industrias, talleres, locales, almacéns ou lugares con ambientes húmidos, mollados, poirentos ou corrosivos (industrias frigoríficas e almacéns frigoríficos (!) piscifactorías, cetarias, matadoiros, electrobombas de elevación ou extracción de auga, depuradoras, estacións de lavado de coches, granxas, instalacións á intemperie, machacadoras de pedra, baterías de acumuladores, etc) de:

-P>100kW

-10kW

-P0<10kW

A1

A2

B2

26. Industrias, talleres, locais, almacéns ou lugares clasificados con risco de incendio ou explosión, en xeral.A1

26.1. Estacións de servicio, locais onde se manipulen ou almacenen gases inflamables, disolventes, pinturas, pos combustibles uo inflamables. Calquera potenciaA1

26.2. Talleres de reparación de vehículos, industrias téxtiles, talleres de confección, serradoiros, carpinterías, granxas avícolas para engorde non mecanizado, etc.

-P>100kW

-P<100kW

A1

A2

InstalaciónsTipo

Resumo da documentación que hai que presentar

Símbolos

B: Boletín ou boletíns de instalación

Ca: Carpetilla cuberta nos seús datos administrativos

Ct: Carpetilla cuberta na súa totalidade (datos técnicos e administrativos).

D: Certificado de dirección de obra

E: Xustificante do encargo da dirección de obra

I: Certificado de inspección técnica

Pr: Proxecto de instalación

TipoDocumentaciónDocumentación

inicialfinal

A1Pr+Ca+E D

A2Pr+Ca I

B1-- Ct+I

B2-- Ct+B

C-- B

As instalacións do tipo B marcadas con (*) na relación do anexo I, precisan, ademais da carpeta, da documentación complementaria que se inicia no artigo 5.

As instalacións marcadas con (!) na relación do anexo I precisan, ademais, a documentación que esixe a norma específica que as regula.

ANEXO II

Índice de modelos

Carpeta

-Aceptación de dirección de obra

-Certificado de dirección de obra

-Certificado de inspección de obra

1113