Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Aprobación definitiva do proxecto de estatutos e de bases de actuación da Xunta de Compensación da Unidade de Execución 14.1 do PXOU A Parda, e aprobación do proxecto de compensación.

O Pleno da Corporación, en sesión do 30-1-1997 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e o de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de execución 14.1 do PXOU A Parda, presentados a esta Administración municipal pola totalidade dos particulares e entidades mercantís propietarias dos terreos integrantes dese ámbito especial, e redactados por Alameda 12, S.L., coa finalidade de proceder á súa xestión e execución.

Segundo.-Prestar aprobación ó proxecto de compensación da citada unidade de execución 14.1, formulado por tales propietarios e entidades titulares da totalidade dos terreos que conforman a unidade, ó amparo do establecido no artigo 161 do vixente texto refundido da Lei do solo, sendo redactado o documento por Alameda 12, S.L., determinándose que no prazo dun mes, desde a notificación deste acordo, se proceda á constitución da xunta.

Terceiro.-Designar, como representante desta administración, no órgano rector da xunta, a Fernando Lafuente Lestón, concelleiro delegado da ins

trucción dos expedientes sancionadores en materia de disciplina urbanística, ou quen no sucesivo asuma este cargo, cambio que se lle notificaría oportunamente á xunta.

Cuarto.-Determinar que a formalización do proxecto de compensación aprobado se efectúe en documento administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello co contido legalmente esixido, ou ben mediante escritura pública se así o prefiren os propietarios afectados e por conta deles. En calquera caso, o documento en que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade, logo da súa protocolización notarial, sendo ámbalas obrigas por conta dos propietarios.

Quinto.-Incorpora-los terreos da unidade de execución 14.1 de cesión obrigatoria ó patrimonio municipal do solo e á súa afectación ós usos previstos polo planeamento.

Sexto.-Dispoñer que a oficina municipal de xestión urbanística vixíe, unha vez aprobado definitivamente o proxecto de urbanización, a execución das obras e instalacións de conformidade cos instrumentos urbanísticos sucesivamente aprobados por esta Administración municipal, resultando de aplicación tódolos condicionamentos e as condicións impostas e establecidas no acordo de aprobación definitiva do plan especial de reforma interior da unidade de actuación 14, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión do 29-9-1994. Así mesmo, a cesión entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para procederse á execución das obras, tendo que efectuarse a cesión e entrega da urbanización nun prazo non superior á tres meses, contados desde a recepción definitiva pola propiedade, formalizándose esta en actas que subscribirán este concello e os citados propietarios.

Sétimo.-Publica-lo presente acto administrativo no Diario Oficial de Pontevedra, BOP e Diario Oficial de Galicia, notificándoselle individualizadamente este acordo a tódolos propietarios afectados polo sistema de actuación e comunicámoslle testemuña del á CPTOPV da Xunta de Galicia.

Recursos procedentes: contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous mese, computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 5 de febreiro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

739