Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a redacción do proxecto básico e de execución da obra para a construcción do edificio destinado a sede dos xulgados de Redondela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta - 15771 Santiago de Compostela, Tfno.: (981) 54 46 42, Fax: (981) 54 46 96.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra para a construcción do edificio destinado a sede dos xulgados de Redondela (o actual máis un de reserva).

3. Orzamento base de licitación.

Orzamento: 2.984.390 ptas. (IVE incluído).

Aplicación orzamentaria: 13.02.123A.227.06

4. Prazo de execución do contrato.

Dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da formalización do contrato.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: dispensada.

6. Clasificación esixida ó contratista: non se esixe.

7. Presentación de proposicións.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no edificio administrativo San Caetano - bloque 5, 3ª planta - 15771, Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ós trece (13) días naturais, ás 14 horas, agás que o último día fora inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: ós licitadores presentarán as súas proposicións en dous sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

A especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Modelo de proposición.

O que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Prego de cláusulas administrativas particulares.

Tódolos interesados poderán obtelos na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no edificio administrativo San Caetano - bloque 5, 3ª planta - 15771 Santiago de Compostela.

11. Apertura das proposicións.

Terá lugar, en acto público, na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ás 12 horas do día 10 de marzo.

12. Solvencia económico-financeira e técnica dos licitadores.

As condicións mínimas de carácter técnico e profesional ás que deberán axustarse os licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do

prego de cláusulas administrativas particulares, apartado 5.

13. Criterios de adxudicación do concurso.

Relaciónanse no apartado 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo no que o licitador estará obrigado a manté-la súa oferta.

Durante tres meses desde a data de apertura das proposicións.

15. Anuncios.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1124