Visto o expediente para aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
Solicitante: Electra de Zas.
Enderezo social: Vilardomato, 15000 Zas.
Denominación: R.B.T. en Carreira.
Situación: Zas.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 95 e 50 mm de 1.550 m de lonxitude, que parte do C.T. de Carreira. Municipio de Zas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 22 de xaneiro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
1116