Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da explotación denominada Monte de Picois, da provincia de Lugo.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-90), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da explotación denominada Monte de Picois, situada na paraxe de Monte de Picois, concello da Fonsagrada, provincia de Lugo, e solicitado por Víctor López Souto.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

781