Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/189-1).

Visto o expediente para aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Electra de Zas.

Enderezo social: Vilardomato, 15000 Zas.

Denominación: L.M.T. Sub. a C.T. Santo Adrián.

Situación: Zas.

Descricións técnicas: L.M.T. a 10/20 kV de 100 m de lonxitude que parte da L.M.T. Vilardomato-Berbia-Loroño e final no C.T. Santo Adrián de Castro, en conductor R.H.V. de 3(1x95) mm. Municipio de Zas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 13 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

618