Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN611A 96/6-1).

Ós efectos previstos no Decreto 205/1995 de 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude formulada por Robustiano Bermúdez Méndez, con enderezo na rúa Cotro nº 36, de Camariñas, para a autorización administrativa do Parque Eólico Petón do Castelo, e en base ós seguintes dastos:

Municipios afectados: Camariñas.

Superficie: 53.125 m.

Coordinadas:

V1 (9º 11' 0'' W, 43º 09' 15'' N).

V2 (9º 11' 5,5'' W, 43º 09' 18,6'' N).

V3 (9º 11' 9,7'' W, 43º 09' 09,7'' N).

V4 (9º 11' 10,1'' W, 43º 09' 15'' N).

Potencia que se instalará 2,4 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderanse presentar solicitudes en competencia, axustándose o disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 12 de decembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

782