Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 151/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. en Estación R-649 Molinos, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Airtel Movil, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio nº 112 da L.M.T. 7-2 da subestación de Tibo entre Cernadas e Devesa ata o C.T. que se proxecta na Estación R-649 en Muíños, concello de Valga.

Finalidade da instalación: subministra-la enerxía á estación de telefonía móbil.

Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 56 m o tramo soterrado, con conductor tipo RHV e 54 m o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metá

licos e de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Orzamento: 4.016.524 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 3 de maio de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

528