Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolve adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación das obras de ampliación da nave do polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, propiedade da Xunta de Galicia, con destino ó arquivo do Consello de Contas de Galicia, convocada mediante concurso público aberto, con trámite de urxencia, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do día 8-11-1996, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 200, do día 11 do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Construcciones Ramírez, S.L.

Importe: 21.994.490 pesetas, IVE incluído.

-Contratación das obras de construcción do centro de exposicións e promoción de recursos da comarca de Trives, na Pobra de Trives (Ourense), convocada mediante concurso público aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública de data 20-9-1996, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 189, do 26 de setembro do mesmo ano.

Adxudicatario: Indeza, S.L.

Importe: 69.042.371 pesetas, IVE incluído.

-Contratación da asistencia técnica do programa de comunicación para a implantación dos plans de emerxencia exterior nas industrias de risco químico de Galicia, convocada mediante concurso público aberto, por resolución da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente da Xunta de

Galicia, de data 28 de agosto de 1996, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 172, do día 3 de setembro do mesmo ano, modificada por Resolución do 27 de setembro de 1996, publicada no DOG nº 193, do 2 de outubro do mesmo ano.

Adxudicatario: Solución SYC, S.A.

Importe: 30.000.000 de pesetas, IVE incluído.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

786