Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.507

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1997 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 24 de setembro de 1994.

Nomeados pola Resolución do 22 de outubro de 1996 (DOG nº 210, do 25 de outubro) funcionarios en prácticas, os aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 24 de setembro de 1994, para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, unha vez rematado o curso selectivo previsto na base III da convocatoria, vista a proposta do tribunal que cualificou este e verifica a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, demais normas con

cordantes e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios/as do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución, ordenados nos correspondentes sistemas de acceso, e de acordo coa puntuación final obtida, destinándoos/as de conformidade coa base VII.2 da convocatoria ós postos de traballo elixidos polos interesados que así mesmo se especifican, e co carácter que se menciona.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Escala técnica de finanzas

Promoción interna

Posto destino

Apelidos e nomeDNIPuntosCódigoDenominaciónLocalidadeCarácter con

que se ocupa

-Tovar Bobo, Pilar32.408.75953,42EFC030000715770007X. Sección fiscalizaciónSantiago de CompostelaDefinitivo

Acceso libre

Posto destino

Apelidos e nomeDNIPuntosCódigoDenominaciónLocalidadeCarácter con

que se ocupa

1Sanjurjo Paz, Jesús76.410.00277,15EFC030001915770005X. Sección fiscalizaciónSantiago de CompostelaDefinitivo

2Cañedo Seoane, Eduardo34.949.60772,60EFC991000032001090Subinspector tributarioOurenseDefinitivo

3Díaz Peña, Ana Isabel32.812.78172,45EFC991000015001103Subinspector tributarioA CoruñaDefinitivo

4Casal Lamas, Fco. Javier32.784.24772,31EFC991000015001105Subinspector tributarioA CoruñaDefinitivo

5Peleteiro Estévez, María35.313.47872,25EFC040000115770015X. Sección xestión, estudios e planificaciónSantiago de CompostelaDefinitivo

6Toucedo Pérez, Eduardo35.558.07371,94EFC991000036001089Subinspector tibutarioPontevedraDefinitivo

7Guitián Mosquera, Silvia32.790.31670,91EFC030000215770016X. Sección relacións co Consello Contas/OO AA empresas públicasSantiago de CompostelaProvisional

Posto destino

Apelidos e nomeDNIPuntosCódigoDenominaciónLocalidadeCarácter con

que se ocupa

8Ventura Rodríguez, Elías34.960.28868,96EFC991000032001142X. Sección fiscalización de ingresosOurenseDefinitivo

9Rodríguez Simal, Soledad35.313.36168,60EFC991000027001089Subinspector tributarioLugoDefinitivo

10Álvarez Pérez, Benito44.469.20665,58EFC030000415770007X. Sección fiscalizaciónSantiago de CompostelaDefinitivo

11Gancedo Cons, Josefa G.36.062.81565,04EFC050000015770016X. Sección análise valoracións postos de traballoSantiago de CompostelaDefinitivo

857