Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

Concurso aberto para a contratación da concesión da xestión indirecta do servicio de depuración de augas residuais de Vilagarcía de Arousa.

De conformidade co acordado polo Pleno da Corporación Municipal, con data 16 de xaneiro de 1997, anúnciase o seguinte concurso:

1. Obxecto do contrato: é a adxudicación da concesión administrativa da xestión indirecta do servicio de depuración da augas residuais.

2. Duración do contrato: o prazo máximo da concesión será de vinteún anos, prorrogables tacitamente por períodos de cinco anos, ata un máximo de cincuenta anos.

3. Tipo de licitación: dadas as características da concesión no se establece tipo de licitación.

4. Pregos de condicións: están de manifesto nas oficinas municipais de secretaría, das 9.30 ás 13.30 horas.

5. Garantía provisional: para tomar parte no concurso, 1.000.000 de ptas.

6. Garantía definitiva: o adxudicatario deberá constituír una garantía definitiva equivalente ó 4% da cantidade resultante de multiplica-la cota mínima de usuario saneamento ofertada polo número de aboados ó servicio de saneamento no ano 1996 e o prezo ofertado por m de auga consumida, polos m de auga consumidos no ano 1996.

7. Proposicións e prazo de presentación: as proposicións presentaranse en sobre pechado, que pode estar lacrado e precintado, e no que figurará:

Proposición para tomar parte no concurso convocado para contrata-la concesión da xestión indirecta do servicio de depuración de augas residuais de Vilagarcía de Arousa, nas oficinas municipais de secretaría, das 9.30 ás 13.30 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG, de conformidade co seguinte modelo, e xuntando a documentación á que se fai referencia na cláusula XVIII do prego de condicións:

Modelo de proposición:

Don/Dona..., veciño/a de.., con enderezo en..., en nome propio (ou en representación de...), coñecedor/ra do concurso convocado por procedemento aberto, para adxudica-la xestión indirecta do Servicio de depuración de augas residuais, comprométese a asumi-la dita concesión de acordo co prego único de condicións aprobado pola Corporación, e disposicións particulares, a través do cobramento ó usuarios da devandita tarifa:

-Cota mínima de usuario saneamento:... ptas.

-M de auga consumida:... ptas. do que resultaría a execución de investimentos por importe de... ptas.... a... de... de 199...

8. Apertura de plicas: a apertura das proposicións económicas terá lugar o quinto día hábil seguinte o da apertura da documentación, ás 13.30 horas, en sesión pública, na Casa do Concello.

Vilagarcía de Arousa, 27 de xaneiro de 1997.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

1111