Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 1997 polo que se convocan bolsas para a realización de estudios de integración europea en centros universitarios belgas.

A Fundación Galicia-Europa convoca 5 bolsas para a realización de estudios de integración europea durante o curso académico 1997-1998 nos seguintes centros de estudios:

-Colexio de Europa de Bruxes.

-Instituto de Estudios Europeos da Universidade Libre de Bruxelas.

-Universidade Católica de Lovaina.

-Universidade de Liexa.

Requisitos:

1. Ter realizados estudios universitarios de segundo ciclo. Poderán optar ás bolsas aqueles candidatos que se atopen no último ano de carreira. É imprescindible o título para acceder a elas.

2. Ter un bo expediente académico (a avaliación do expediente académico realizaraa o centro universitario elixido polo candidato).

3. Domina-la lingua ou linguas de traballo do centro que escolla o candidato.

4. Ter nacido despois de 31-12-1968.

5. Ter residencia en Galicia.

6. Te-la nacionalidade dun dos estados membros da Unión Europea.

Cobertura económica: as bolsas cubrirán os gastos de matrícula, aloxamento e manutención. A contía da bolsa variará en función do centro de acollida.

Data límite de presentación das solicitudes de bolsa: 28 de febreiro de 1997 para o Colexio de Europa de Bruxes e 1 de abril de 1997 para o resto dos centros.

Selección: a Fundación Galicia-Europa realizará a selección dos candidatos en función dos méritos acreditados por estes entre aqueles que sexan admitidos polos centros correspondentes.

Información, impresos e presentación de solicitudes: Fundación Galicia-Europa, praza da Quintana, s/n, 15704 Santiago de Compostela, teléfono 54 58 29, fax 56 26 46, horario de 9 a 14 horas.

947