Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Cedeira (A Coruña).

Adxudicatario: Ideal Auto, S.A.

Prazo de concesión: vinte anos.

-Asistencia técnica de estudio sobre as necesidades de transporte público de viaxeiros na mancomunidade de municipios limítrofes do municipio da Coruña.

Adxudicatario: Tratamentos del Norte, S.L.

Orzamento: 8.700.000 ptas.

Prazo de execución: seis meses.

O que en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, se notifica, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

933