Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997 pola que se convoca a contratación, mediante concurso público de procedemento aberto e trámite de urxencia, para adquisición de mobiliario con destino á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

Obxecto: adquisición de mobiliario con destino á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

Orzamento de licitación: 18.500.000 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 370.000 pesetas.

Fianza definitiva: 740.000 pesetas.

Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 3 de marzo de 1997.

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de

San Caetano), ás 10 horas do día 5 de marzo de 1997.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

934