Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.470

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (195/1996).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, rexistrados co número 195/1996, por instancia do procurador Ricardo García Piccoli Atanes, en nome e representación de Banco Zaragozano, S.A., contra Carmen Cutrín Novas, con DNI/CIF 37680379-P, domiciliada en Pontevea-Teo (A Coruña), Eugenio Carreira Barreiro, con DNI/CIF 76502512-G domiciliado en Pontevea-Teo (A Coruña), Avelino Carreira Cajaraville, con DNI/CIF 33070885 domiciliado no Casal de Reis-Rarís Teo (A Coruña) e Manuela Albina Barreiro Liñeiras, con DNI/CIF 33070789-D, domiciliado no Casal de Rei-Rarís-Teo (A Coruña), en reclamación de crédito hipotecario, nas actuacións do cal se acordou sacar a primeira poxa pública, polo termo de vinte días e prezo pactado na escritura de constitución da hipoteca, os

seguintes predios contra os que se procede:

1. Predio número 8574 do Rexistro da Propiedade número un de Padrón, sito na Larga, concentración parcelaria de San Miguel de Rarís (Teo, A Coruña), tomo 397, libro 94, folio 17.

2. Predio número 8834 do Rexistro da Propiedade número un de Padrón, sito de Portos, concentración parcelaria de San Miguel de Rarís (Teo, A Coruña), tomo 399, libro 96, folio 37.

3. Predio número 8578 do Rexistro da Propiedade número un de Padrón, sito na Larga, concentración parcelaria de San Miguel de Rarís (Teo, A Coruña), tomo 397, libro 94, folio 25.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa de Viena, número 1 (As Fontiñas) desta localidade o próximo día 31 de marzo de 1997, ás 10 horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é de 4.000.000 de ptas. respecto da primeira, 1.000.000 de ptas. respecto da segunda e 1.000.000 de ptas. respecto da terceira, fixada para tal efecto na escritura de constitución da hipoteca, non se admitirá ningunha oferta que non cubra a sita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, na entidade bancaria BBV, número de conta 1591/0000/18/0195/96, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo do remate, requisito sen o cal non se admitirá ningunha oferta.

3. Poderase face-lo remate en calidade de ceder a un terceiro.

4. A poxa celebrarase en forma de ofertas abertas, aínda que, ademais, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, se poderán facer ofertas por escrito e en prego cerrado, aportándose o xustificante do ingreso correspondente a que se refire o apartado 2.

5. Os autos e a certificación rexistral a que se refire a regra 4ª da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría, onde poderán ser examinados, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos. De igual modo, as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

6. Por instancia do demandante, poderanse reserva-los depósitos daqueles licitadores que cubrise o tipo de poxa e o admitan, para efectos de que o primeiro adxudicatario non cumprise as súas obrigas, se poida aproba-lo remate a favor dos que o sigan, pola orde das súas respectivas ofertas.

7. Para o suposto de que resulte deserta a primeira poxa, sinálase para que teñan lugar o segundo o próximo día 29 de abril de 1997, ás 10 horas, nas mesmas condicións da primeira, excepto o tipo do remate, que será o 65% do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 29 de maio de 1997, ás 10 horas, para a que rexerán as restantes condicións fixadas para a segunda; neste caso deberase consignar unha cantidade, polo menos, do 20% do tipo da segunda poxa.

8. Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese celebrar calquera das poxas nos días e horas sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, exceptuando os sábados, e a mesma hora sinalada.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns e taboleiro de anuncios.

Dado en Santiago de Compostela o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1123