Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.469

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (241/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo póliza de préstamo número 241/1994, seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A. representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra José Manuel Duarte Seoane, do que se ignora o domicilio, sobre reclamación de cantidade. E nos ditos autos dictouse a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo executivo póliza de préstamo número 241/1994, seguidos por instancia do Banco Central Hispanoamericano, S.A., con DNI/CIF A-28000446 domiciliado en rúa Alcalá, 49 (Madrid) representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, coa asistencia letrada de Francisco A. Rodríguez-Gigirey Pérez, contra José Manuel Duarte Seoane, con DNI/CIF 76986270 domiciliado en Soutomaior-Lameiriñas (Arcade, Pontevedra), declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

(Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos).

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en representación do Banco Central Hispanoamericano, S.A., debo mandar e mando seguir adiante a execución dos bens embargados ós demandados José Manuel Duarte Seoane, ata facer remate deles e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da suma de 167.776 ptas., por principal debido á executante como capital e xuros devengados pola referida póliza, máis o interese pactado desde a data de certificación do corredor de comercio e ata que se fixese efectivo pagamento do principal, e condeno así mesmo a dita parte demandada ó pagamento das custas causadas e que se causen ata a súa total e completo liquidación, as cales foron orzadas en 100.000 ptas.

Lévese testemuño desta sentencia ós autos de que dimana e notifíqueselle ó demandado rebelde na forma ordinaria, de non ser solicitada pola demandante a notificación persoal no termo de tres días, e fáiselle saber ás partes que contra esta resolución se poderá interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que sirva de notificación en forma á parte demandada, José Manuel Duarte Seoane, expídese este edicto en Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 1997.

O secretario

Rubricado

799