Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.464

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 7 de febreiro de 1997 pola que se abre novo prazo para solicitude de subscrición de convenios de colaboración con asociacións privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan programas de prevención e incorporación social de drogodependencias.

A través da Orde do 25 de abril de 1994 (DOG nº 93, do 16 de maio, páxinas 2.855-2.869), a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais estableceu as bases reguladoras dun réxime de convenios de colaboración con asociacións privadas sen ánimo de lucro que, no ámbito da Comunidade Autónoma, desenvolvesen programas de prevención e incorporación social de drogodependentes, co obxecto de facilitar, garantir e darlle continuidade á prestación destes programas que as asociacións privadas sen ánimo de lucro veñen desenvolvendo.

A disposición adicional da Orde do 25 de abril de 1994 considera a posibilidade de establecer, periodicamente, novos prazos de presentación de solicitudes para que asociacións privadas sen ánimo de lucro poidan acollerse a este réxime de convenios e apoia-lo desenvolvemento de programas de pre

vención e incorporación social no marco do Plan autonómico sobre drogodependencias.

En consecuencia, no uso das facultades que me confiren os artigos 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e no artigo 3 do Decreto 63/1996, do 15 de febreiro, pola que se establece a estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e de conformidade co establecido no acordo da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. En execución do establecido pola disposición adicional da Orde do 25 de abril de 1994 (DOG nº 93, do 16 de maio), ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes para subscribir convenios de colaboración con asociacións privadas sen ánimo de lucro no desenvolvemento de programas de prevención e incorporación social de drogodependentes.

2. No marco das dispoñibilidades orzamentarias de 1997, a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais poderá asumir obrigas económicas derivadas dos convenios que se subscriban.

Artigo 2º

No relativo ós requisitos, contido dos convenios, a instrucción do expediente, lugar de presentación das solicitudes, criterios e prioridades na subscrición, formalización dos convenios e orde de prelación, vixencia e prórroga deles referida a 1997 e duplicidade das achegas, terá que aterse ó previsto pola da Orde do 25 de abril de 1994.

Artigo 3º

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición transitoria

As obrigas económicas para o ano 1997 derivadas dos convenios subscritos con asociacións privadas sen ánimo de lucro, ó abeiro desta orde e da do 25 de abril de 1994, serán satisfeitas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais con cargo á aplicación 11.01.313A.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1997, así como doutros créditos que no futuro se consignen para tal fin.

Disposición derradeira

Primeira.-Facúltase o secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para adopta-las medidas necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

1018