Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.464

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001800/1996, interposto por Margarita Ledo Andión.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xus

tiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001800/1996, interposto por Margarita Ledo Andión, contra a Resolución do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, do 17 de outubro de 1996, desestimatoria de recurso ordinario contra a Resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 31 de xullo de 1996 (DOG 16-8-1996) pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos convocado no anexo V á Orde do 2 de maio de 1996 (DOG 14-5-1996).

Esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á devandita sala, o cal se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

97-1065