Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 27 de xaneiro de 1997 pola que se aproba o modelo oficial de contrato que autoriza os titulares de autorizacións interurbanas de autotaxi a inicia-lo servicio en concello distinto daquel onde teñan residencia as súas tarxetas.

A Lei 6/1966, do 9 de xullo, de coordinación dos servicios de transportes urbanos e interurbanos por estrada de Galicia, no seu artigo 20, establece que, excepcionalmente, os titulares de autorizacións interurbanas de autotaxi poderán iniciar un servicio de transporte en concello distinto do propio, cando concorran as seguintes circunstancias: que o contrato para a prestación do servicio teña lugar no concello que outorgou a licencia e que o servicio teña destino final no concello que outorgou a licencia.

Así mesmo, segundo establece o parágrafo cuarto do devandito artigo, a consellería competente aprobará o modelo oficial do contrato, e establecerá uns mínimos que deberán constar no devandito contrato.

En virtude, e por proposta da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase como anexo I, o modelo oficial de contrato a que fai referencia o artigo 20 da Lei 6/1996 do 9 de xullo, o cal deberá cubrirse en tódolos supostos de recollida de viaxeiros fora do termo municipal onde estea residenciada a tarxeta de autotaxi.

ANEXO NUMERO I

XUNTA DE GALICIA

DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

Modelo oficial de contrato a que fai referencia o artigo 20 da Lei 6/1996, do 9 de xullo -servicios interurbanos excepcionais, en vehículos de turismo, taxis con recollida de viaxeiros fóra do termo municipal onde estea residenciada a licencia.

-Matrícula do vehículo-Tarxeta de transporte nº-Punto de recollida dos viaxeiros-Nome e apelidos do contratante-No suposto de que o contrato se realice por mandatario verbal, nome e apelidos deste-Identificación dos viaxeiros ós que vai recoller-Lugar, data e hora da contratación-Hora previsible do inicio do servicio

Sinatura do mandatarioSinatura do usuarioSinatura do taxista

(ratificación)

Asdo.:Asdo.:Asdo.:

DNI nºDNI nºDNI nº

O presente contrato deberá levarse debidamente cuberto, en lugar visible do vehículo, durante o servicio, estando a disposición da Inspección do transporte, ou calquera axente da autoridade, en calquera momento da prestación do devandito servicio (artigo 20.6º da Lei 6/1996, do 9 de xullo).

Rematado o servicio, o titular da licencia de autotaxi remitirá copia do presente contrato ó Servicio Provincial de Transportes competente (artigo 20.7º da Lei 6/1996, no prazo máximo de tres días, por calquera medio que permita ter constancia da recepción, admitido en dereito.

A recollida de viaxeiros fóra do ámbito espacial da licencia de autotaxi, con incumprimento do preceptuado no presente contrato, constituirá infracción administrativa moi grave que se sancionará de acordo coas disposicións vixentes en materia de transportes terrestres (artigo 20.8º da Lei 6/1996).

O presente contrato estará impreso en caderniños de polo menos 25 servicios cada un e deberá cada contrato constar por duplicado, sendo unha das follas enviadas ó Servicio Provincial de Transportes correspondente como así o prescribe a Lei 6/1996.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1997.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

922