Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.459

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 31 de xaneiro de 1997 pola que se aproban os prezos privados para a utilización do sistema IGATEL do Instituto Galego de Promoción Económica.

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto a aprobación dos prezos privados que percibirá o Instituto Galego de Promoción Económica como contraprestación pola dispoñibilidade e utilización dos servicios telemáticos e de documentación do sistema IGATEL e que figuran no anexo adxunto. Estes prezos non inclúen o IVE.

Disposición adicional

Aquelas persoas físicas ou xurídicas que subscribisen o contrato para a utilización dos servicios do sistema IGATEL, estean radicadas en Galicia ou que realicen actividades consideradas de especial interese para esta Comunidade Autónoma pola Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos ou polo Igape e aínda non teñan instalado o equipo de telecomunicacións necesario para a conexión a IGATEL, poderán beneficiarse sen custo da primeira instalación do sistema así como da instalación dun módem ou tarxeta RDSI. Así mesmo, poderán beneficiarse sen custo da subministración da tarxeta RDSI ou do 50% de reducción da tarifa de subministración dun módem.

Así mesmo, aqueles usuarios que tendo instalado un módem segundo ordes anteriores desexen substituí-lo seu acceso actual ó sistema a través da rede telefónica básica (RTB) por un acceso mediante

tarxeta RDSI, poderán beneficiarse sen custo da subministración e instalación desta.

Estes beneficios aplicaranse a un máximo de 500 instalacións, sendo atendidas as peticións por estricto orde de recepción no IGAPE da solicitude e do contrato para a utilización do servicio IGATEL debidamente asinado polo solicitante.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de marzo de 1996 pola que se fixan as tarifas pola utilización dos servicios do sistema IGATEL do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) (DOG nº 72, 12 de abril de 1996).

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día primeiro do mes seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

I. Tarifas básicas do servicio IGATEL

1. Cota anual por contrato de servicios externos: 15.000 ptas.

Nun mesmo contrato poden ser incluídos varios usuarios da mesma empresa ou organización.

2. Equipo de comunicacións (módem): 35.000 ptas.

3. Tarxeta de comunicacións RDSI: 30.000 ptas.

4. Instalación do módem ou tarxeta e programa: 12.000 ptas.

5. Tarifas de comunicacións:

5.1. Servicios externos nacionais ós que se accede a través de IBERPAC: 19 ptas./min.

5.2. Servicios externos internacionais ós que se accede a través de IBERPAC: 29 ptas./min.

5.3. O resto dos servicios están exentos de tarifa de comunicacións.

6. As visitas a domicilio efectuadas polos técnicos co fin de solucionar calquera problema co servicio IGATEL terán un custo de 15.000 ptas.

7. Os cursos de formación a domicilio de introducción ó programa e das bases do Igape terán a seguinte tarifa: 15.000 ptas. as dúas primeiras horas e 5.000 ptas./hora adicional.

II. Tarifas correspondentes a cada un dos servicios

a) Servicios do IGAPE

Os servicios propios do Igape tales como bases do Igape, bases do Diario Oficial de Galicia, correo

electrónico Internet, foros e grupos de News e outros servicios, están exentos de toda tarifa. Isto é, non será necesario a formalización de ningún contrato para a súa utilización.

b) Bases de datos e servicios externos.

Para as bases externas fíxanse as seguintes tarifas:

BASESTARIFAS

2. Eurobases280 ptas./min.
3. Ecoprensa200 ptas./mes
4. Efedata90 ptas./min.
5. Colex-Data120 ptas./min.
6. Internet2.000 ptas./mes
7. Informa1.250 ptas./unid. de inform.
8. Dun&Bradstreet
8.1. Informe nacional7.000 ptas.
8.2. Informe intern.área I13.000 ptas.
8.3. Informe intern.área II(*)21.000 ptas.
8.4. Informe intern.área III(*)27.000 ptas.
8.5. Informe prexudicial nacional(*)47.500 ptas.
8.6. Cargas adicionais traduc.paises area IGratuíto.
8.7. Cargas adicionais outras traduccións (*)2.500 ptas./páxina

(*): Non son servicios ON LINE

O IGAPE reservarase o dereito de reduci-las tarifas dos servicios externos en períodos concretos por motivos de promoción.

Para aquelas bases de datos e servicios que non sexan producidos polo IGAPE, e respecto ós que este ente actúa como distribuidor, o prezo que terán que satisfacer polo seu uso os usuarios IGATEL será o que resulte de aplica-las tarifas que para o acceso polos usuarios finais fixasen os seus provedores. Entre estas bases e servicios atópanse:

-ICEX-IMPI.

-ARDAN.

-Correo electrónico CESATEL.

-BOE.

-DIALOG.

-SARENET.

-AGRITEL (actualmente é gratuíto).

-ECHO (gratuíto)

-Oficina española de patentes y marcas (OEPM).

III. Tarifas por servicios de documentación por escrito solicitadas nas oficinas do IGAPE.

Para aquelas persoas que soliciten información de calquera das bases seguintes nas oficinas do IGAPE.

CONCEPTOTARIFAS

1. Base de axudas (consulta asistida e información escrita sobre axudas)100 ptas. por páxina impresa.

2. Base de subcontratación industrial (informe asistido)100 ptas. por páxina impresa.

3. Base de solo industrial (información de parques e planos)100 ptas. por páxina impresa.

4. Base de formación.100 ptas. por páxina impresa.

5. Base de servicios de consultoría.100 ptas. por páxina impresa.

6. Base de oferta de exportación.100 ptas. por páxina impresa.

7. Base de oportunidades de negocio.100 ptas. por páxina impresa.

8. Base de empresas (informes de balances e exercicios) ou informe de 5 empresas.1.500 ptas. por empresa (ata 5 balances) ou informe de 5 empresas.

9. Manual de servicio IGATELGratuíto

10. Gastos de envío por correo40 ptas./envío.

11. Gastos de envío por fax.100 ptas./páxina

12. Fotocopias do Diario Oficial de Galicia (DOG), Boletín Oficial del Estado (BOE) ou Diario Oficial das Comunidades Europeas (DOCE).20 ptas. por copia.

1082