Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.458

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de febreiro de 1997 pola que se clasifica como de interese social a Fundación Tutelar Aspronaga.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Tutelar Aspronaga, con domicilio na Coruña.

Supostos de feito.

1. Carlos Martínez González, na súa calidade de presidente do padroado da fundación, en escrito do vintesete de decembro de 1996, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día vinteoito de novembro de 1996, ante o notario do Colexio da Coruña, Pablo Valencia Ces co número mil trescentos oitenta e seis do seu protocolo por María Ángeles Ferreiro Vidarte, Carlos Martínez González, Antonio Lorenzo Pérez, Martín Pou Díaz, Ana María García Amor, Miguel Sanmartín Losada, Rosalía Mera Goyenechea, interveñen a primeira como tenente alcalde-concelleira do Concello da Coruña, os Sres. Martínez González, Lorenzo Pérez, Pou Díaz e García Amor, en nome e representación da Asociación Protectora de Niños Anormales de Galicia, Miguel Sanmartín Losada en nome e representación da Fundación Pedro Barrié de la Maza e Rosalía Mera Goyenechea en nome e representación da Fundación Paideia.

3. Segundo consta no artigo 7 dos estatutos, o obxecto da fundación é a tutela legal sobre os inca

pacitados mentais e os demais a que se refire o artigo 1 dos estatutos.

4. O padroado da fundación estará constituído por Carlos Martínez González como presidente, Miguel Sanmartín Losada como vicepresidente e Antonio Lorenzo Pérez como tesoureiro.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese social da Fundación Tutelar Aspronaga, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1 e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese social e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Vista a Constitución española de 1978, o Estauto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día tres de febreiro de 1997.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese social a Fundación Tutelar Aspronaga e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

935