Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 1997 Páx. 1.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico do Vicedo. (Expediente 003 EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1195, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico do Vicedo coas seguintes características:

Peticionario: Eurovento, S.L. Unipersonal, r/ Galeras, 17 piso 3º-oficina 3, 15705 Santiago de Compostela.

Situación: Concello do Vicedo (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (606.100, 4.840.200); V (607.200, 4.840.200).

V (607.800, 4.838.000); V (606.990, 4.838.000).

Superficie afectada: 210 Ha.

Características técnicas principais:

Número de aeroxeradores: 25.

Potencia nominal unitaria: 600 kW.

Potencia total instalada: 15 mW.

Altura de torres: 40 metros.

Diámetro de pas: 44 metros.

As entidades públicas ou privadas interesadas, poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1195, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 16 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

814