Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 1997 Páx. 1.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica. (Expediente IN407A 96/253-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sura e Piñor.

Situación: Ames e Santiago de Compostela (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. a 20 kV, a C.T. Sura y derivada a C.T. Piñor, de 2321 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. denominada a C.T. Portela e final nos CC.TT. a construír denominados Sura e Piñor. CC.TT. de 50 kVA, C/U. RR.BB.TT. a 380 V que parten dos CC.TT. de Sura e Piñor, cunha lonxitude total de 642 m en R.Z. Concello de Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

813