De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1195, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Goa coas seguintes características:
Peticionario: Eurovento, S.L. Unipersonal, r/ Galeras, 17 piso 3º-oficina 3, 15705 Santiago de Compostela.
Situación: Concello do Vicedo e Viveiro (Lugo).
Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):
V (606.990, 4.836.000); V (609.000, 4.836.000).
V (609.000, 4.838.000); V (607.800, 4.838.000).
Superficie afectada: 321 Ha.
Características técnicas principais:
Número de aeroxeradores: 25.
Potencia nominal unitaria: 600 kW.
Potencia total instalada: 15 mW.
Altura de torres: 40 metros.
Diámetro de pas: 44 metros.
As entidades públicas ou privadas interesadas, poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1195, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.
Lugo, 17 de xaneiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
894