Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica a empresa Maderas Ojea, S.L., no concello do Carballiño (Ourense), e se inclúe no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994. (Expediente 3/1996).

Visto o escrito presentado pola empresa Maderas Ojea, S.L., con enderezo para efectos de notificacións

en Seoane s/n, 32500 O Carballiño, Ourense, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 19 de setembro de 1996, a referida empresa, dedicada a fabricación e comercialización de madeiras, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa factoría de Seoane, concello do Carballiño (Ourense). Acompaña á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e de aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas e o resto da documentación á que fai referencia o artigo 5.4º do citado R.D. 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Catro motores de combustión interna alternativos alimentado por gasóleo, de 1.137 KW cada un; catro xeradores síncronos trifásicos de 1.080 KVA c/u, tensión de xeración 380 V; un centro de transformación r/t 20/0,380, con catro transformadores de 6,4 MVA de potencia total, montado en interior; instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando sinalización e medida

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou resolución do 26 de setembro de 1996, pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 31-10-1996 e no BOP de Ourense do 19-10-1996. Durante o período establecido para iso, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia Adega, presentou alegación de desconformidade co proxecto, expoñendo que non se xustifica suficientemente a demanda de calor real, que non hai garantías nel de que non se produza un impacto ambiental a nivel local no que respecta ás emisións gasosas e contaminación acústica, polo que termina pedindo que se

emita informe negativo.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente obtivo informe favorable da dita delegación provincial xa que, da análise do proxecto presentado se deduce que se cumpre o rendemento eléctrico equivalente para esta planta de coxeración, acadando o 64, 4%, e sendo os cálculos dos balances enerxéticos realizados correctos; así mesmo, a planta contará coas medidas correctoras regulamentarias para este tipo de instalacións no que atinxe ás emisións

de gases contaminantes á atmosfera e de contaminación acústica.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos Decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994, sendo realizado o expediente con cumprimento da tramitación regulamentaria.

Terceiro.-Examinada a documentación que consta no expediente, queda de manifesto que debe desestimarse a alegación presentada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia xa que, da análise do proxecto presentado se deduce que se cumpre o rendemento eléctrico equivalente para esta planta de coxeración, acadando o 64, 4%, e sendo os cálculos dos balances enerxéticos realizados correctos; así mesmo, a planta contará coas medidas correctoras regulamentarias para este tipo de instalacións no que atinxe ás emisións de gases contaminantes á atmosfera e de contaminación acústica. Polo tanto, debe accederse ó solicitado pola empresa Maderas Ojea, S.L. e, por conseguinte, proceder á autorización administrativa da planta e a recoñecerle a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994.

Vistos os preceptos legais e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Maderas Ojea, S.L., a situar nas instalacións da factoría que dita empresa pensa construír en Seoane, O Carballiño (Ourense).

Segundo.-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluila no grupo d) do artigo 2 do dito Real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

789