Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 29 de xaneiro de 1997, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción á normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-00774-O-96 e dous máis).

Por medio de esta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Obras Públicas e Transportes, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 1302 6000 08 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 29 de xaneiro de 1997.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente: XC-00774-O-96.

Matrícula (DXDOES1): C-5965-AG.

Denunciante: G.C. tráfico.

Denunciado: Borja Gabarri, Pilar.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 33 B esquerda, 15191 A Coruña.

Feito denunciado: circular transportando retallos e roupa, carecendo do distintivo da parte posterior do vehículo, correspondente á tarxeta de transporte. Servicio privado.

Precepto infrinxido: LOTT A. 142 C), ROT A. 199 C), R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: LOTT A. 143, ROT A. 201.

Sanción imposta: 5.000.

-Expediente: XC-00863-O-96.

Matrícula (DXDOES1): V-4071-DC.

Denunciante: G.C. tráfico.

Denunciado: Garcotrans, S.L.

Último enderezo coñecido: Rep. Arxentina, 2-1 Ofc. 1, 36201 Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: circular vehículo transportando un cargamento de variña de ferro, de Ferrol a Vigo, SP, carecendo este dos distintivos de radio de acción.

Precepto infrinxido: LOTT A. 142 C), ROT A. 199 C), R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: LOTT A. 143, ROT A. 201.

Sanción imposta: 15.000.

-Expediente: XC-01009-O-96.

Matrícula (DXDOES1): C-5309-AF.

Denunciante: G.C. tráfico.

Denunciado: Brayb Galicia, S.A.

Último enderezo coñecido: O Temple, 15660 Cambre (A Coruña).

Feito denunciado: circular transportando unha carga de recambios do automóbil, carecendo da autorización de transporte.

Precepto infrinxido: LOTT A. 142 B), ROT A. 199 B), R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: LOTT A. 143, ROT A. 201.

Sanción imposta: 5.000.

490