Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 29 de xaneiro de 1997, do Servicio Provincial de Costas de Pontevedra, de notificación do acordo tomado polo delegado provincial desta consellería de Pontevedra, que ordena a incoación do expediente sancionador 67.1/1996, por presunta infracción da lexislación de costas, se nomean instructor e secretario deste e se adoptan medidas provisionais; e do prego de cargos formulado polo instructor.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I, o acordo do delegado provincial desta consellería, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo LC), e do seu regulamento (en adiante RC); nomeándose instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Alfonso Santiago Domínguez, ámbolos dous funcionarios do Servicio Provincial de Costas desta delegación provincial, e adóptanse as medidas provisionais especificadas.

Os nomeamentos do instructor e do secretario poderán ser impugnador polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei de costas, aprobado polo Real decreto 1471/1989, e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante RC).

Pontevedra, 29 de xaneiro de 1997.

Guillermo Sáez Díaz

Xefe do Servicio Provincial de Costas

ANEXO I

Expediente número: 67.1/1996.

Denunciado: Manuel Domínguez Pérez.

Condición: constructor.

Último enderezo coñecido: praza Rosalía de Castro, 3.

Data do acordo: 9-1-1997.

Feitos: ampliación de vivenda nas dúas primeiras plantas e adición dunha terceira planta.

Lugar: Monte Lourido.

Concello: Nigrán.

Circunstancias modificativas: se o presunta infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da LC e 187.1º do RC.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a), 25.2º e 26.1º da LC e artigos 45.1º a), 46.1º e 48.1º do RC e DdTt cuarta 2 c) da LC e decimoterceira 1 c) do RC.

Preceptos sancionadores: artigo 90 c) da LC e artigo 174 c) do RC.

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da LC e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do RC. Podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.

896