Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.412

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso oposición libre para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 24 de outubro de 1996.

Os apartados 1 e 2 da base cuarta da resolución deste centro directivo de 24 de outubro de 1996 (DOG nº 219, do 8 de novembro) pola que se convoca concurso oposición libre para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, prevén que, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias para cada unha das clases convocadas e clasificadas e revisadas estas, esta dirección xeral dicte resolución na que se declara con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, para cada unha das citadas clases, así como a súa publicación.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Declarar con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, se é o caso, para participar no proceso selectivo convocado pola Resolución do 24 de outubro de 1996.

Segundo.-Os listados coa relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos das devanditas clases poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

e) Nas xerencias de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

Terceiro.-Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1997.

Manuel A. Silva Romero

Director xeral de Recursos Humanos

892